A Real Academia Galega, o Foro E. Peinador e a Fundación Mondariz-Balneario reivindican a galeguización do empresariado galego.
A Fundación Mondariz-Balneario, o Foro E. Peinador e a Real Academia Galega
homenaxearon ao empresario Enrique Peinador nun acto no que
reivindicaron a importancia de galeguizar ao empresariado galego e se
falou de adicarlle a este emprendedor ou a Isidro Parga Pondal o Día das Letras Galegas de 2015.
Así, estas entidades protagonizaron no Balneario de Mondariz un encontro que estivese no espírito do empresario galeguista Enrique Peinador Lines
(1876-1940). “Lingua e empresa na sociedade galega de hoxe”, foi o
tema escollido. O encontro rematou este sábado pola mañá cunha ofrenda
floral a Ramón Cabanillas e Enrique Peinador.
O Foro E. Peinador, representado por dezanove empresarios, propúxolle,
ademais, á Real Academia que o próximo Día das Letras Galegas do ano
2015 se lle dedique a Enrique Peinador Lines ou ao galeguista e empresario Isidro Parga Pondal.
Así, este foro lembra que ambos os dous foron académicos, e exemplos do
diálogo entre a empresa e a identidade galega. Ademais, ambas as
institucións acordaron impulsar unha declaración dirixida ás cen
empresas máis importantes do País e acordar con algunhas delas a posibilidade de incorporar a lingua galega a
algunhas das súas actividades empresariais: negociación colectiva,
nóminas, rotulacion interior, páxina web, publicidade ou etiquetaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario