A manifestación disolveuse cando discorría pola rúa Urzáiz, antes de chegar ao farol do cruzamento con Colón e Príncipe, onde unha vintena de encapuchados colocouse fronte á cabeceira da marcha e despregou unha pancarta na que cualificaba de ''españolista" e "oportunista" ao sindicato convocante.
Houbo discusións e algún forcexeo que non foi a maiores, e a continuación dispersáronse os centos de estudantes que participaban na manifestación, mentres que varios encapuchados queimaron bandeiras de España nese punto.
A Policía non interveu directamente, aínda que realiza un seguimento desde o aire a través dun helicóptero que sobrevoa a cidade desde o mediodía.
As dúas últimas manifestacións contra a LOMCE en Vigo saldáronse con disturbios nos que houbo varios detidos, un regueIro de menores identificados, danos materiais e tamén lesionados, algúns axentes da Policía polo impacto de pedras.
Tamén en Santiago centenares de estudantes manifestáronse en defensa do ensino público e contra a reforma educativa, mentres outro grupo encarouse a eles e cualificou de ''farsantes" o sindicato de Estudantes.
A manifestación contra a
LOMCE en Vigo deste xoves disolveuse antes de chegar ao seu destino
tras encararse os organizadores, do Sindicato de Estudantes, cun grupo
de encapuchados que pretendía infiltrarse na marcha.
Ningún comentario:
Publicar un comentario