A breve –pero intensa– experiencia do sistema de préstamo gratuíto de libros de texto, posto en marcha polo goberno bipartito, pode que teña que ser retomada polo goberno da Xunta antes do que ao partido no goberno, responsable da súa substitución por un sistema máis caro e inxusto, lle gustaría. Iso parece indicar o feito de que na LOMCE se recolla, por presión das ANPAS, a posta en marcha de sistemas de préstamo de libros como o que aquí derrogou o PP ao chegar ao poder.
No IES de Ponteceso poden gabarse de teren sido quen de manter a gratuidade dos libros de texto para todo o alumnadoEntre mentres, no IES de Ponteceso poden gabarse de teren sido quen de manter a gratuidade dos libros de texto para todo o alumnado da ESO, a pesar da desaparición do programa impulsado polo bipartito. Cunha planificación sinxela, se ben laboriosa na súa xestión, poden presumir de teren contribuído a que a dureza da crise que golpea as familias non se vexa reflectida nas mochilas escolares.
Ningunha familia paga os libros de texto da ESO grazas a dúas medidas: a renovación gradual dos libros e a colectivización de todos os cheques escolaresEn Ponteceso ningunha familia paga os libros de texto da ESO, grazas a dúas medidas combinadas de xeito equilibrado: unha renovación gradual dos libros por departamentos e a colectivización de todos os cheques escolares que reciben as familias como axuda para a merca de material escolar. Se ben estas axudas individuais non chegan para cubrir todos os gastos de practicamente ningunha familia con dereito a percibila, e mesmo cando moitas familias non teñen axudas de ningún tipo, a colectivización dos cheques e a xestión eficiente permite manter unha gratuidade universal que a Xunta non é quen de garantir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario