Pide unha actitude "máis construtiva"
O ministro de Educación, Cultura e Deporte,
José Ignacio Wert, reiterou o seu compromiso de dimitir
"inmediatamente" se o Tribual Constitucional declara inconstitucional
algún aspecto da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa
(LOMCE), aínda que dse mostrou que está "tranquilo" e "convencido" de
que a normativa se axusta á legalidade.
Así o indicou o titular de Educación aos medios, nos corredores do
Congreso dos Deputados, tras ser preguntado polos cinco recursos
presentados ante o alto tribunal a semana pasada polo PSOE e catro
comunidades autónomas: Cataluña, Andalucía, Asturias e Canarias.Aínda que o ministro recoñece que non leu todos estes recursos, e que se trata de "un dereito dos que teñen a lexitimación" para facelo, tamén pediu unha "actitude máis construtiva e colaboradora" para mellorar a educación de España.
Wert mostrouse "tranquilo" e "convencido" de que a normativa non ten causa de insconstitucionalidad e que o Consello de Estado non fixo ningunha observación, "nin sequera accidental", sobre unha posible invasión de competencias, nunha materia, que, segundo recoñeceu, "é delicada".
Ningún comentario:
Publicar un comentario