Galicia poderá alcanzar os 7.000 dominios .gal rexistrados no seu primeiro ano de existencia tras o éxito dos .cat en Cataluña.
A empresa española de dominios, hosting, protección de marca online e
outros servizos de presenza online, Nominalia, espera pór a disposición
dos seus clientes nas próximas semanas os novos dominios .eus e .gal,
extensións que poderían alcanzar cada unha as 7.000 URLs contratadas ao
longo do primeiro ano de existencia.
Desta forma, as novas terminacións seguirán ao .cat, que excede os 70.000 dominios con tan só oito anos en funcionamento.
O novo dominio galego poderá aloxar a todo tipo de empresas, asociacións
e particulares que queiran vincular o seu proxecto á lingua e cultura
galega, segundo relata a empresa nun comunicado.
As novas terminacións comezaron a implantarse en 2014 como parte do
esforzo para adaptar os dominios de internet ás necesidades do mercado.
Son extensións intuitivas e fáciles de recordar que poden converterse
nunha óptima ferramenta de mercadotecnia para reforzar a presenza na
rede e para aumentar a visibilidade dunha empresa ou entidade.
"As nosas estimacións indican que as cifras de rexistro de .eus e .gal
poden multiplicarse por catro nos seguintes cinco ou seis anos",
asegurou o portavoz da empresa David Costa.
"Será interesante ver a reacción do mundo cultural e empresarial destes
territorios ante esta nova oferta de dominios, posto que son eles os que
empuxarán estas novas extensións cara ao éxito", concluíu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario