A CIG-Ensino avanzou que a práctica totalidade do profesorado de secundaria de galego se negou a impartir estes cursos como horas extras como pretendía Educación.
CIG-Ensino denunciou este martes en rolda de prensa a situación que atravesa o profesorado que viña impartindo cursos CELGA unha vez que a Secretaría Xeral de Política Lingüística decidiu desfacerse deste colectivo e ofrecerlle ao profesorado en activo dos centros de secundaria que imparta estes cursos como horas extras, co obxecto de evitar, así, a aplicación da resolución das Inspeccións de Traballo da Coruña e de Ourense que obrigan a contratar a estes docentes.
Unha vez coñecida esta decisión, a través do profesorado dos
centros, a CIG-Ensino propúxolle aos docentes en activo que, por
solidariedade, non impartise estes cursos. A esta altura, informou o
Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, xa podemos confirmar que
a práctica totalidade do profesorado dos centros está negándose a dar
os cursos. "Dámoslles os parabéns ao profesorado que se solidarizou e
que rexeitou ser complice da Consellaría", di Louzao.
O secretario Nacional da CIG-Ensino subliñou que a Consellaría está actuando de maneira fraudulenta e que en lugar de aplicar as resolucións da Inspección de Traballo, afonda na irregularidade deixando no paro a un colectivo importante cuxa listaxe inclúe 476 profesores/as. Marta Dacosta, integrante tamén da Executiva da CIG-Ensino lembrou que estas resolucións da inspección recoñecen a situación irregular deste profesorado, obrigan a dalo de alta na Seguridade Social con efectos retroactivos e impóñenlle unha sanción económica á Consellaría de máis de 200.000 euros. A CIG-Ensino explicou que a Inspección de Traballo da Coruña se dirixiu de oficio aos xulgados para que determine que tipo de relación contractual lle corresponde ter a este profesorado coa Administración.
Diante desta situación, a CIG-Ensino anunciou que promoverá entre o profesorado CELGA a presentación de denuncias por despido improcedente e presentará unha queixa do Valedor do Pobo. Ao tempo continuará coa campaña nos centros para convencer ao profesorado de que se negue a facer horas extras.
Na rolda de prensa, David Cobas, que é un dos profesores que impartía os CELGA engadiu, que este último paso da Consellaría non está avalado por ningunha normativa, que non existe ningunha orde ou resolución que ampare esta decisión de ofrecerlle os cursos ao profesorado en activo. Neste sentido Louzao acusou á Consellaría de ser “un niño de caciquismo, irregularidades e fraude” e denunciou que xa no mes de decembro Educación fixo chamamentos a profesorado para formar teletirores de linguaxe específica de galego sen respectar a listaxe de profesorado que existía, sen coñecerse os criterios nin a baremacion do profesorado e sacando unha resolución posterior para tratar de darlle legalidade.
Anxo Louzao engadiu que a CIG-Ensino seguirá a loitar polas melloras salariais do profesorado pero non a costa de deixar no paro a outros colectivos e avanzou tamén que o sindicato ten prevista a celebración de asembleas nas sete cidades co profesorado afectado para decidir nova propostas de actuación.
Ligazón ao CIG-Informa

Ningún comentario:
Publicar un comentario