A Xunta prepara unha normativa que dará á Administración a maioría para nomear os directores dos colexiosA principal modificación refírese, precisamente, á elección dos directores, que na actualidade depende dunha comisión na que se inclúe o inspector que nomea a Xunta, tres profesores que elixe o claustro escolar e outros tres membros do consello escolar. Ademais da maioría que representan, os docentes e os representantes das familias poden emitir dous votos. Agora, e para adaptarse ás intencións do Goberno central, a idea é que a xefatura territorial poida decidir o nome de catro dos sete membros que formen a comisión. O centro escolar tan só elixiría un membro do consello escolar e dous profesores. Estarían en minoría e a súa opinión non ten por que ser tida en conta.
“Pretenden quitarlle a potestade que tiña ao consello escolar; até o de agora podiamos formar parte da decisión do centro, algo que temos recoñecido na Constitución, pero tamén se queren cargar ese dereito”, asegura Elvira Lombao, voceira da Confederación de Anpas Galegas, cuxo colectivo insiste en que os gobernos do PP “non quere que os pais e nais teñamos algo que dicir”. “Retírannos a capacidade de crear un consenso real na escolla dos directores ou directoras”, engaden.
"Queren cargarse un dereito que temos recoñecido na Constitución", di a Confederación de Anpas“As familias somos parte da comunidade educativa, e o noso dereito é participar activamente na educación dos nosos fillos e fillas de acordo co resto dos actores desa comunidade,e moi nomeadamente de acordo co profesorado”, asegura a Confederación, que cre que esta medida -que se confirma como tantas outras coa posta en marcha da lei- non é máis que outro intento do PP e do Goberno para “restar democracia á educación”.
"Non deben existir candidaturas que non veñan avaladas pola comunidade escolar no seu conxunto, para que a vida dos nosos colexios continúe, malia a Lomce, coa normalidade democrática que lles cómpre", advirten as asociacións de pais e nais.
Os sindicatos, á espera do que a Xunta leve á mesa sectorial, critican xa as intencións da Xunta. Ademais, advirten de que a elección dos directores recaerá na Consellería, xusto cando a lei Wert lles atribúe a eles máis competencias e resta a influencia dos docentes e das familias dos alumnos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario