O Sindicato de Estudantes convocou dende
este mércores unha folga de 48 horas en Secundaria, á que se sumarán
universitarios. O obxectivo é protestar contra os recortes e a Lei
Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), que queren que se
retire, e pedir a dimisión do ministro de Educación, Cultura e Deporte,
José Ignacio Wert.
As xornadas de paros no ensino terán como colofón varias
manifestacións e concentracións en varias provincias españolas ao longo
do xoves. En Madrid, comezará ás 12.00 horas en Atocha e rematará na
Porta do Sol, como noutras ocasións.O Sindicato de Estudantes (SUESTE) ten pedido ao resto de organizacións que forman a Plataforma Estatal pola Defensa da Escola Pública --Confederación Española de Pais e Nais de Alumnos (CEAPA) e aos sindicatos de ensino FE-CC.OO, FETE-UGT e STES-- que "non" miren para outro lado" e apoien a folga convocada por esta organización.
Ningún comentario:
Publicar un comentario