martes, 11 de marzo de 2014

A Xunta inicia o calendario de probas de acceso a ciclos

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoca as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior de Formación Profesional para o presente ano. O prazo de inscrición para as probas de grao superior comezou onte e esténdese ata o 21 de marzo. No caso do grao medio, o período establecido é entre o 31 de marzo e o 11 de abril. As listas provisionais publicaranse o 4 e 28 de abril, respectivamente, e as definitivas, o 24 e o 15 de maio. Os exames celebraranse o 7 de maio en caso do grao superior e o 4 de xuño para o nivel medio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario