Cada ano, o día 10 de decembro, conmemórase o Día Internacional dos Dereitos Humanos, unha data en que se avalían os seus cumprimentos.
Para seren lexítimas, as leis teñen que respectar os dereitos humanos e a non discriminación; a cultura e a educación forman parte deles.
As leis promovidas polo actual goberno afondan na exclusión e prohibición da lingua galega encamiñándoa ao seu exterminio,
tanto co decreto “contra a lingua galega (plurilingüe)” en Galicia,
como coa futura reforma educativa, coa lei de educación de España.
Dende a organización Galiza co Galego, entendemos que se está a discriminar a poboación de Galiza por razón de lingua, impedindo a educación en galego, a pesar de que é a lingua propia do seu territorio. Estase a practicar o etnocidio (destrución da cultura dun pobo)
contra todas as persoas que, sen exclusións e con independencia da
lingua que usen -o castelán ou o galego-, senten e queren a Galiza.
Cada
ano, preto de 40.000 nenos e nenas que se incorporan á escola son
privados do dereito a aprenderen en galego, e aos falantes en galego
élles suplantada a súa lingua polo castelán. Todas e todos
somos quen de solucionar esta situación sen importar a condición. Que a
nosa cultura se manteña e que non se perda depende da nosa implicación.
Galiza co
Galego, coa Cooperativa de Ensino Popular Avoaescola, está a desenvolver
un proxecto que permitirá impartir unha educación en galego, de
calidade, en valores, inclusiva, laica, universal, pluralista e
democrática, en calquera lugar de Galiza.
Preto de 150.000 nenas e nenos ata os 6 anos non teñen escolas onde aprenderen en galego.Toda a cidadanía galega pode contribuír a mudar isto participando como socia en Galiza co Galego. www.galizacogalego.com/altagcg
Tamén queremos facer un chamamento á participación nos actos en favor da lingua, cultura e ensino de Galiza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario