A iniciativa activada na plataforma dixital
Change.org por unha profesora sevillana de Música para solicitar ao
ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert, que
restitúa esta materia como troncal en Educación Primaria obtivo xa case
168.000 firmas de apoio a data 14 de marzo.
"A música é cultura, axuda á estimulación. Desenvolve a psicomotricidade, o pensamento lóxico, as competencias en idiomas, a sensibilidade artística, os valores e a autoestima, entre outros factores: os nenos deberían ter dereito a unha formación completa e a unha boa educación musical", subliña a docente, para quen non apoiar a clase de Música en Primaria significa "privar os nenos destes factores, xa que moitos só teñen a oportunidade de coñecer a educación musical a través da escola".
A campaña iniciada por esta docente creceu de forma sostida durante os últimos días. Non é a única iniciativa sobre este tema, pois existe outra petición similar, impulsada por unha cidadá de Basauri (Biscaia), que obtivo ata a data máis de 6.000 firmas dende o pasado 5 de marzo.
Dende Change.org sinalan que, en ambos os dous casos, o Ministerio de Educación recibe periodicamente un correo electrónico informando das novas firmas de apoio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario