Farao Elena Valenciano.
A vicesecretaria xeral do PSOE, Elena
Valenciano, presenta este venres ás 12.00 horas o recurso de
inconstitucionalidade contra La Ley Orgánica de Mejora de la Calidad
Educativa (LOMCE), segundo informou o PSOE.
Entre outros puntos, o recurso de inconstitucionalidade denunciará
a segregación por sexo que, ao seu xuízo, impón a LOMCE, así como o
adianto dos itinerarios, a falta de participación nos consellos
escolares dos pais, o tratamento que dá á Relixión ou a selección do
alumnado por centros, segundo confirmaron a Europa Press fontes
socialistas.A finais de xaneiro, o Grupo Socialista adiantou a súa intención de presentar ao longo do mes de febreiro o seu recurso de inconstitucionalidade contra a LOMCE a nivel estatal e, a nivel autonómico centrarase no ámbito competencial, dado que serán as comunidades autónomas con goberno do PSOE --Andalucía, Asturias e Canarias-- as que presenten o seu propio.
Para a presentación dun recurso de inconstitucionalidade é necesaria a firma de, polo menos, 50 deputados. O PSOE conta con 110. Ademais, o prazo para a presentación dun recurso destas características finaliza dous meses despois da entrada en vigor da normativa, que foi o pasado 3 de xaneiro.
As mesmas fontes sinalaron que finalmente non presentarán o recurso cos partidos nacionalistas posto que estes previsiblemente o presentarán nas súas respectivas comunidades autónomas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario