xoves, 27 de marzo de 2014

Mapa de concentracións contra a LOMCE e o ministro Wert

O Sindicato de Estudantes convocou este xoves, coincidindo coa segunda xornada de folga en ensinanzas medias e universidade, manifestacións e concentracións en varias cidades españolas contra os recortes en educación e a LOMCE e para pedir a dimisión do ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert, a baixada das taxas universitarias, máis bolsas e a gratuidade dos libros de texto.
En Madrid, a marcha comezará ás 12.00 horas na confluencia do Paseo do Prado coa rúa Atocha, percorrerá esta rúa ata a praza de Jacinto Benavente e baixará por Carretas ata a Porta do Sol, onde os organizadores dirixirán unhas palabras aos mozos alí congregados, como en anteriores ocasións.
A cabeceira da manifestación portará unha gran pancarta co lema 'Bolsas si. Taxas non. Non á contrarreforma franquista da educación', tal e como adiantou a Europa Press a secretaria xeral do Sindicato de Estudantes, Ana García. Os traballadores da planta de Fuenlabrada (Madrid) tamén participarán nesta marcha en apoio aos estudantes.

Nun comunicado, o Sindicato de Estudantes celebra o "éxito" da xornada de folga deste mércores e asegura que a secundou o 80 por cento do alumnado español. "A folga en defensa das nosas bolsas, contra a LOMCE, as reválidas e o tasazo é unha nova proba do rexeitamento masivo da comunidade educativa a este Goberno e a este ministro. É o xeito práctico e efectivo de levantar a 'marea verde' ", afirman dende esta organización.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario