O informe “As bibliotecas galegas” evidencia que, ao tempo que se produce un forte incremento de usuarios e préstamos nas bibliotecas públicas, dáse un paralelo descenso de investimento público nos últimos dez anos. De 5,5 millón en 2008 -antes da entrada do PP- reduciuse a 1,3 millóns en 2013.
Os datos do Observatorio da Cultura Galega conclúen nunha forte caída do investimento nas bibliotecas galegas, que sufriron unha forte caída que o sitúa en menos de un cuarto do que o goberno bipartito destinaba a estes centros en 2008. Daquel ano, o último xestionado integramente polo BNG na Consellaría de Cultura, o goberno da Xunta dedicara ás bibliotecas públicas un orzamento de 5,5 millóns que o PP rebaixou até o 1,3 millóns en 2013.A rebaixa de cartos públicos en bibliotecas públicas acontece no momento de máis auxe destes centros, aumentando tanto en número de usuarios como en préstamos, en boa parte, debido á crise económica. O aumento de persoas que usan as bibliotecas desde o 2002 é, segundo o Observatorio, de 300.000 persoas, superando agora o millón de usuarios e un aumento nos últimos dez anos dun 57,9% o público adulto e un 15,9% o infantil.
Só acceso do 16,3%
Aumenta, cos datos do Observatorio do CCG, o gasto en persoal mais acusa unha notábel caída os investimentos que non chegan a 1,3 millóns de euros, menos da cuarta parte do que destinaba a esa partida o goberno bipartito.
A Xunta está a financiar o 26,57% dos custes da rede de bibliotecas fronte ao 67,88% que proveñen dos concellos. Malia o aumento de préstamos en case dous millóns e medio, Galiza é a antepenúltima comunidade na listaxe de uso de bibliotecas con tan só un 16,3% da súa poboación que accede aos seus servizos. O informe completo pódese consultar neste enlace.
Ningún comentario:
Publicar un comentario