Un 77'5% do alumnado que recibe clases musicais mellora as súas cualificacións
Català avanza este dato provisional no congreso nacional de conservatorios
Català avanzou este dato durante a inauguración do primeiro Congreso Nacional de Conservatorios Superiores de Música, que se celebrou no conservatorio de Valencia e que se prolongará ata domingo próximo. Aínda que este resultado é provisional ao facer referencia só ao primeiro curso do proxecto Amure, marca xa diferenzas a favor dos grupos que teñen reforzo musical con respecto aos seus compañeiros.
A conselleira sinalou que os resultados definitivos de Amure serán dados a coñecer ao termo do curso 2013-2014, unha vez sexan analizadas as cualificacións do alumnado, así como os cuestionarios realizados aos docentes e aos familiares do alumnado implicado.
No acto inaugural participaban profesores e investigadores dos conservatorios superiores e profesionais de 13 comunidades autónomas. Xunto a Català encontrábase a presidenta da Sociedade Española para a Educación Musical (SEM-EE), Anna Vernia, entre outras autoridades e representantes do ámbito da música e das ensinanzas superiores.
En relación con este proxecto e outros referidos por Català vinculados ao ensino da música, Vernia subscribiu un escrito no que, tras constatar que "docentes, alumnado e comunidade educativa da Comunitat Valenciana teñen agora a posibilidade de ver mellorada a súa formación e educación con carácter integral e dende a música", insta a que "o resto de comunidades autónomas tomen exemplo de boas actuacións e sigan o modelo" impulsado polas Generalitat Valenciana.
Català referiuse á implantación de diversas especialidades nos conservatorios, como Composición, Dirección, Musicoloxía, Pedagoxía ou Interpretación, así como á posta en marcha de programas de postgrao homologados en ensinanzas artísticas en materia de música dende o curso académico 2012-2013.
No programa experimental Amure, posto en marcha en xaneiro de 2013, están a participar os centros de Educación Infantil e Primaria Pare Català, Carles Salvador e La Patacona. A metade dos 80 alumnos e alumnas seleccionados está a recibir dúas horas semanais de clases de música durante o horario de comedor, que continuarán ata final de curso, nas que se integra a linguaxe musical e a práctica instrumental.
As clases son impartidas nos colexios polos profesores da Escola de Música do Centro Instrutivo Musical (CIM) de Benimaclet e a Sociedade Musical de Alboraia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario