Encontro infinidade de mensaxes nas redes sociais apelando á
compaixón pola materia de Música na escola primaria. A importancia da
música na educación non debería ser suxeito de discusión; pero si o
como.
Como imos ensinar música a unhas xeracións que teñen acceso ilimitado á música que lles gusta? Orixinalmente, a música na escola era un medio para educar o pobo en valores culturais e harmonizar os seus espíritos. Actualmente, ese concepto é disfuncional. Que achega a música á educación entón? Pode achegar dende a acción, o que require de instrumentos, do movemento que é ritmo e da voz. Para que o ensino en música sexa "útil" necesitamos de profesionais formados con capacidade de interpretación e de comunicación. Que os nenos teñan a oportunidade de tocar un instrumento require investimento, pero sobre todo convicción de que a música é a única materia que aglutina procesos pedagóxicos, físicos e intelectuais decisivos no desenvolvemento persoal.
En Noruega empezaremos un proxecto no que os alumnos van aprender a tocar un instrumento sinfónico en clase. - Antonio Galindo Agúndez.

Ningún comentario:
Publicar un comentario