O presidente da Asociación Española de Logopedia, Foniatría e Audioloxía destaca que hai que "estar orgullosos" de que España sexa un estado "multicultural e multilingüístico".
Os logopedas defenden as linguas minoritarias porque definen á humanidade. É o que opina o presidente da Asociación Española de Logopedia, Foniatría e Audioloxía (AELFA), Víctor Acosta.
Durante o congreso "Multilingüismo: Diversas linguas, diversas culturas, unha comunicación", que se celebra en Canarias, Víctor Acosta destacou que este lema é un homenaxe ao "dereito á multiculturalidade".
"Reivindicamos a posibilidade de comunicarse en calquera lingua e
defender a capa e espada as que son minoritarias porque son un tesouro e
definen á humanidade", suliñou en declaracións á axencia EFE recollida
por varios medios.
"Parece unha broma pero é así. En España as linguas utilizanse en ocasións como incomunicación e arma arreboladiza, cando debería ser todo o contrario e hai que estar orgullosos de ser un país multicultural e multilingüista", apuntou.
A importancia da linguaxe dos xordos
Acosta, catedrático de Logopedia na Universidade de La Laguna, insistiu
na necesidade de defender por encima de todo a lingua como un instrumento de comunicación entre os seres humanos, e entre elas a dos xordos, algo que estivo case prohibido durante moitos anos.
"Pero demostrouse que a linguaxe dos xordos é un código ben construído
que se pode definir como unha lingua, polo que hai que difundilo",
insistiu ao lembra que a súa é unha profesión moi nova, en especial en
España, onde se necesita, dixo, que non confundan a estes profesionais
"con podólogos nin con coleccionistas de selos".
A logopedia é unha disciplina científica que estuda, prevén, detecta,
evalúa, diagnostica e intervén nas áreas de comunicación, a linguaxe, a
fala, a voz, a audición e as funcións orais non verbales, explícase nun
comunicado feito público por Aelfa con motivo do Día Europeo da
Logopedia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario