A Coordinadora mantén o suspense sobre o contido concreto da nova iniciativa da que, non obstante, xa ofrecen algúns datos, a comezar polo nome: Como cho digo, lema que acompañan cunha chiscadela gráfica que dá a idea de que o ton será moi semellante á anterior acción normalizadora. Despois de que Gústame o galego fose apoiada por multitude de persoas anónimas e coñecidas desta volta a CTNL arrodéase, xa de inicio, por multitude de rostros coñecidos co obxectivo de pular pola "visibilización" do uso do galego.
O obxectivo da nova campaña é "visibilizar" o uso normal do idiomaLuís Davila, Fernando Vázquez, Moncho Fernández, Sés, Verónica Boquete, Pilar Neira, Manuel Bragado, Ezequiel Mosquera, Yolanda Castaño, Luís Villares ou María Mera son algunhas das persoas que, procedentes de multitude de ámbitos sociais e profesionais, apoian esta campaña. Para saír de dúbidas a CTNL convoca un acto público o devandito día 25, ás oito da tarde no Espazo Cultural da compostelá Nave de Vidán. Alí, adiantan, "intervirán diversas persoas participantes na campaña", acompañadas da música de Uxía Senlle e Najla Shami. A conta atrás está a piques de rematar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario