A segunda xornada de folga convocada polo sindicato de
estudantes incrementou o número de ausencias do día anterior entre o
alumnado dos institutos da zona. A folga, de 48 horas, foi convocada en
protesta polos recortes en materia de educación e para solicitar a
retirada da Lomce e tamén a dimisión do ministro, José Ignacio Wert. Os
estudantes respectaron os exames que se celebraron con normalidade. As
ausencias foron maiores onte no Ramón María Aller de Lalín onde
faltaron algo máis de trescentos estudantes, o que supón un pouco máis
da metade do alumnado. No Pintor Colmeiro de Silleda a incidencia foi
tamén maior na xornada de onte e foi do cento por cento en ciclos e
roldou o 85 % no resto dos cursos.
No resto dos institutos a incidencia foi case un
calco da do día anterior. No Laxeiro de Lalín faltaron todos os
estudantes de ciclos, o 50,9 % dos de BAC e o 60,6 % dos do segundo
ciclo da ESO. No de Cruces faltaron o 43 % dos estudantes, o 40 % no
Chano Piñeiro de Forcarei. A incidencia foi do 50 % no Losada Diéguez,
dun 35 % no García Barros e de algo máis do 50 % no número 1 da Estrada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario