En Boloña Ferri e Conrad adiantaron que a acción da nova entrega se desenvolverá na Galia e "coma sempre sucede en Astérix haberá batallas, novos personaxes, un moi perigoso e zoinamoina, romanos a labazadas e se abordará un tema característico da sociedade moderna".
Trátase dun dos poucos cómics dos que existe unha tradición de edición en galego, con máis de 20 álbums traducidos dende que en 1976 se publicaran os primeiros títulos en versión galega de Eduardo Blanco AmorAdemais da importancia indiscutible para a historia da literatura e da banda deseñada destes heroes creados por Uderzo e Goscinny, Ásterix e Obélix teñen unha ligazón especial coa cultura galega, pois trátase dun dos poucos cómics dos que existe unha tradición de edición en galego, con máis de 20 álbums traducidos dende que en 1976 se publicaran os primeiros títulos en versión galega de Eduardo Blanco Amor.
Astérix e os pictos foi o primeiro álbum que non contou coa participación de ningún dos seus creadores, Albert Uderzo e o xa falecido René Goscinny. O propio Uderzo e Anne Goscinny, filla de René, elixiron para darlles novos azos á serie a Jean-Yves Ferri, guionista de sutil vis cómica coñecido sobre todo pola serie Le retour à la terre, e Didier Conrad, debuxante que debe a súa sona a títulos como Les innommables e Tigresse blanche.
Antes da publicación en galego desta nova aventura, a comezos do mes de maio estarán dispoñibles nas librarías as novas edicións na nosa lingua da terceira e cuarta entrega da serie, Astérix e os godos e Astérix gladiador, traducidas por Xavier Senín e Isabel Soto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario