Novo escándalo de corrupción no PP de Madrid.
Granados, Gonzalez, Aguirre; o PP da
Comunidade de Madrid foi historicamente a punta de lanza da
privatización dos servizos públicos. Tamén da corrupción e os favores
aos empresarios próximos, como demostra a Operación Púnica. As noticias
das últimas semanas amplían o círculo (mafioso) á educación concertada.
Tal e como foi revelado, as mordidas que se embolsaba Francisco Granados
-ata xuño de 2011 conselleiro de Presidencia, Xustiza e Interior da
Comunidade de Madrid e exsecretario xeral do PP en Madrid- de entre
900.000 e 1,2 millóns de euros por centro1, son a pedra sobre a que se
edificaba a suposta "liberdade" de elección de centros na Comunidade de
Madrid. Corrupción, construtoras e privatización nunha trama na que
participaban como colaboradores necesarios David Marjaliza, coa súa
construtora Obrum, e Alfedel, unha empresa dedicada a promover colexios
privados concertados.
Así funciona a privatización
O negocio da privada nútrese da
degradación da educación pública, que está a ser estrangulada pola falta
de medios, deterioración de infraestruturas, falta de profesorado,
supresión de bolsas... Isto combínase coa paralización de novos colexios
e institutos públicos na Comunidade. Hai 12 barrios en Madrid capital
que non teñen un instituto público ao que acudir, afectando a máis de
7.000 alumnos2. Ao mesmo tempo, dende o ano 2000 cedéronse máis de 82
parcelas para centros privados3, do Opus Dei e outras seitas
ultrarreligiosas, amigos e amiguetes do PP, algunhas a prezos tan
irrisorios como os 34 céntimos ao mes por metro cadrado que pagou Arturo
Fernández, antigo presidente da patronal madrileña, usuario das
tarxetas black e amigo do pequeno Nicolás. A súa empresa, Grupo
Cantoblanco Catering Service, chegou a ter tres colexios en Madrid antes
de declarar o concurso de acredores. Esperanza Aguirre, por suposto,
non sabía nada.
A metade de prezo (16 céntimos por mes ao ano) saíulle o metro cadrado a Antana Educación, empresa propiedade de Jorge López del Hierro, que, casualidades da vida, é o sobriño do marido de Mª Dolores de Cospedal, e ademais dono da cervezera Mahou. Como fabricar cervexas ten que ver moito coa educación, Antana ten tres colexios en Madrid, en Paracolos, Leganés e Villanueva do Pardillo4, este último con cesión gratuíta de terreo a 75 anos, que foi declarada ilegal pero cuxa sentenza non foi aplicada, nin parece que haxa présa por facelo. Ao igual que acontece cos traballadores de Coca-Cola, se a xustiza vai contra os intereses dos poderosos posponse sine die.
Máis recentes aínda foron as cesións en Móstoles dunha parcela de 20.000 metros cadrados no PAU 4 (pendente de adxudicar) e a do antigo colexio público Tierno Galván á universidade Francisco de Vitoria, vinculada aos Lexionarios de Cristo.
Ao mesmo tempo a Comunidade de Madrid gastouse 2,7 millóns de euros5 en promover a "liberdade de elección" de centro entre os pais, ou o que é o mesmo, en facerlle a publicidade á privada, porque en que consiste esa liberdade?
Liberade para discriminarA metade de prezo (16 céntimos por mes ao ano) saíulle o metro cadrado a Antana Educación, empresa propiedade de Jorge López del Hierro, que, casualidades da vida, é o sobriño do marido de Mª Dolores de Cospedal, e ademais dono da cervezera Mahou. Como fabricar cervexas ten que ver moito coa educación, Antana ten tres colexios en Madrid, en Paracolos, Leganés e Villanueva do Pardillo4, este último con cesión gratuíta de terreo a 75 anos, que foi declarada ilegal pero cuxa sentenza non foi aplicada, nin parece que haxa présa por facelo. Ao igual que acontece cos traballadores de Coca-Cola, se a xustiza vai contra os intereses dos poderosos posponse sine die.
Máis recentes aínda foron as cesións en Móstoles dunha parcela de 20.000 metros cadrados no PAU 4 (pendente de adxudicar) e a do antigo colexio público Tierno Galván á universidade Francisco de Vitoria, vinculada aos Lexionarios de Cristo.
Ao mesmo tempo a Comunidade de Madrid gastouse 2,7 millóns de euros5 en promover a "liberdade de elección" de centro entre os pais, ou o que é o mesmo, en facerlle a publicidade á privada, porque en que consiste esa liberdade?
A mentalidade do PP é clara: a educación
é un negocio, polo tanto só me interesan os alumnos rendibles. A forma
máis efectiva de facelo son as famosas cotas. Aínda que en teoría están
prohibidas, os colexios apáñanllelas para disfrazalas de achegas
"voluntarias" ou como "actividades extraescolares". Atendendo á miña
propia experiencia como profesor na educación privada, vin persoalmente
pagamentos por "mantemento de patio e infraestruturas", cotas de 50
euros de material escolar que dan dereito a un arquivador e 10 folders,
ter que utilizar obrigatoriamente cadernos co logotipo do centro que
custan cinco veces o prezo en calquera outro lado (se un alumno non
usaba eses cadernos, suspendía), uniformes obrigatorios que só se venden
no propio colexio, organizar os horarios do centro para que sexa
practicamente obrigatorio quedarse ao comedor (uns 100 euros máis ao
mes, ¡ nove!! euros por día solto).
Nos colexios dependentes de Alfedel chéganse a cobran 180 euros ao mes como "complemento formativo", dúas horas extras de reforzo de inglés e informática, metidas no medio da xornada escolar. Os que non pagan deben permanecer esa hora no centro, pero non poden estudar nin adiantar traballo, para non ter vantaxe respecto aos seus compañeiros! Os profesores teñen orde da dirección de non deixar estudar nesas horas. Este "complemento" tamén dá dereito a participar en actividades extraescolares e utilízase como criterio para organizar as aulas: os que pagan nunhas clases, os que non noutras. Cheguei a escoitar xefes de departamento dicir, sobre o un grupo da ESO que non pagaba complemento: "Eses non se poden queixar de nada, enriba de que non dan un duro ao centro". Un criterio moi pedagóxico.
Liberdade para explotarNos colexios dependentes de Alfedel chéganse a cobran 180 euros ao mes como "complemento formativo", dúas horas extras de reforzo de inglés e informática, metidas no medio da xornada escolar. Os que non pagan deben permanecer esa hora no centro, pero non poden estudar nin adiantar traballo, para non ter vantaxe respecto aos seus compañeiros! Os profesores teñen orde da dirección de non deixar estudar nesas horas. Este "complemento" tamén dá dereito a participar en actividades extraescolares e utilízase como criterio para organizar as aulas: os que pagan nunhas clases, os que non noutras. Cheguei a escoitar xefes de departamento dicir, sobre o un grupo da ESO que non pagaba complemento: "Eses non se poden queixar de nada, enriba de que non dan un duro ao centro". Un criterio moi pedagóxico.
Outro dos argumentos que utiliza a
patronal da privada é que o custo por alumno é menor que na pública:
4.185 euros por alumno ao ano na pública fronte a 2.944 na concertada.
Pois ben, esta diferenza explícase unicamente por dous factores: a
pública é quen recibe o dobre de alumnos con necesidades educativas
especiais e o 82% dos alumnos inmigrantes; e as peores condicións
laborais da concertada, o custo medio anual por profesor na privada
concertada é de 5.808 euros menos que na pública, por ensinar as mesmas
materias cunha xornada laboral máis larga6. Por se fose pouco, o
convenio asinado o pasado ano, rapidamente e á calor da LOMCE, dura ata
2020, con retroactividade dende 2009, 11 anos de convenio!
Con chan gratuíto ou case regalado, selección do alumnado, peores salarios e todo pagado do erario público, moi inútil ten que ser o empresario para perder diñeiro. Toda unha lección de "emprendimiento"! O requisito máis complicado para poder empezar é coñecer algún político do PP que estea disposto a aceptar sobres... e non parece moi complicado.
Paralizar os concertosCon chan gratuíto ou case regalado, selección do alumnado, peores salarios e todo pagado do erario público, moi inútil ten que ser o empresario para perder diñeiro. Toda unha lección de "emprendimiento"! O requisito máis complicado para poder empezar é coñecer algún político do PP que estea disposto a aceptar sobres... e non parece moi complicado.
ou rematar coa concertada?
Ante este panorama, é de vital
importancia para garantir o dereito da clase obreira a unha educación e a
un futuro digno ter moi clara unha postura fronte á educación
concertada. Non valen medias tintas. O negocio da educación privada
concertada depende da agonía da educación pública. Non podes ter un sen o
outro. Entre a educación como dereito e a educación como negocio non
hai vía do medio.
Un goberno de esquerdas debe defender aberta e claramente a única saída posible: non se trata de paralizar os concertos educativos senón de rematar con eles, integrando toda a rede privada concertada na educación pública para dar saída ás enormes necesidades das familias traballadoras que ven, día tras outro, como o Partido Popular pretende facer da educación pública un dereito en extinción.
Un goberno de esquerdas debe defender aberta e claramente a única saída posible: non se trata de paralizar os concertos educativos senón de rematar con eles, integrando toda a rede privada concertada na educación pública para dar saída ás enormes necesidades das familias traballadoras que ven, día tras outro, como o Partido Popular pretende facer da educación pública un dereito en extinción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario