A evolución é semellante á seguida no conxunto do Estado nos últimos seis anos, nos que o gasto descendeu dende os 1.020 ata os 673 euros, unha redución do 34%. Ata o 2009 o gasto en bens e servizos culturais mantíñase aínda en niveis altos, roldando os 800 euros por fogar en Galicia, pero nos catro anos seguintes as caídas foron moi importantes. O gasto en cultura en Galicia, moi por debaixo da media estatal, sitúase só por riba da rexistrada en Estremadura, Murcia, Castela-A Mancha e Castela e León.
2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 |
---|---|---|---|---|---|---|---|
778,9 | 832,5 | 820,4 | 799,3 | 768,2 | 705,4 | 644,9 | 563,3 |
Analizando polo miúdo os datos, podemos ver que a evolución do gasto nos últimos anos non foi a mesma para cada produtos ou servizo cultural. Así, os libros e as publicacións periódicas sufriron o descenso en maior medida. Se en 2007 cada familia gastaba 88,7 euros por ano en libros non de texto, en 2013 este gasto reducírase a 47,7 euros, case a metade. Iso si, entre 2012 e 2013 este gasto creceu levemente (2,5 euros por fogar). En canto ás publicacións periódicas impresas, o gasto pasou de 125,9 a 69,6 euros. Tamén cae, e moito, o gasto en espectáculos, dende os 73,8 euros ata os 39 euros.
Se en 2006 os libros e publicacións periódicas impresas representaban máis da cuarta parte de todo o gasto en cultura, nos últimos datos dispoñibles este capítulo non representa máis do 15% do totalAlgo mellor resistiu o gasto dedicado a adquirir produtos audiovisuais, fotográficos e cinematográficos, que pasou de 118,6 euros en 2007 a 68,9 en 2013, e que mesmo chegara a ascender ata os 143,8 en 2010. O único capítulo que crece é o dedicado a gastos relacionados coa informática e Internet, que era de 195,1 euros en 2007, e que se situou en 198,7 en 2013. Con todo, tamén a crise económica tivo efectos, e fixo que este grupo de gasto leve en descenso dende o seu máximo acadado en 2009.
Se en 2006 os libros e publicacións periódicas impresas representaban máis da cuarta parte de todo o gasto en cultura, nos últimos datos dispoñibles este capítulo non representa máis do 15% do total. Tamén o gasto en espectáculos pasou de ser o 9% de todo o gasto cultural das familias, a ser apenas o 6,5%. Pola contra, o peso do capítulo de informática e Internet creceu dende o 24% ata o 33%.
Ningún comentario:
Publicar un comentario