O catedrático de microbioloxía, e candidato de Nova Luce foi o gañador das eleccións ao se impor por 3.445 votos ponderados a Dabiel Pena, que logrou 2.805.
Julio Abalde será o novo reitor da Universidade da Coruña. O candidato de Nova Luce impúxose a Daniel Pena nas eleccións celebradas hoxe grazas ao voto do estudantado e do PAS. Pola contra, Pena impúxose por unha lixeira diferenza entre o profesorado. A participación foi superior á de convocatorias anteriores. A vitoria de Abalde refrenda a xestión realizada nos últimos anos por Xosé Luís Armesto.Os votos dos e das estudantes decidiron o resultado, grazas ao apoio esmagador que lle deron a Abalde: 69,06% fronte a 30,94%Entre o profesorado doutor con vinculación permanente, Daniel Pena obtivo un 51,5% dos apoios, fronte a un 48,5% de Julio Abalde. No resto de categorías de persoal docente e investigador, o resultado foi semellante: 51,59 de Pena e 48,41 de Abalde. Porén, os votos dos e das estudantes decidiron o resultado, grazas ao apoio esmagador que lle deron a Abalde: 69,06% fronte a 30,94%. O candidato de Nova Luce tamén gañou con claridade entre o PAS: 58,19% fronte a 41,81%.
Cómpre salientar que a participación creceu con respecto a anteriores eleccións, sobre todo entre o estudantado. O 26,86% exerceron o seu dereito ao voto, unha porcentaxe reducida, pero moi superior ao 19% de 2011. Tamén entre o PAS creceu a participación (88% fronte a 84% de 2011) e o mesmo sucedeu nas dúas categorías electorais do profesorado (94% e 76% fronte aos precedentes 91% e 67%). A votación foi totalmente electrónica, por vez primeira, o que facilitou que os resultados definitivos se coñecesen con gran rapidez.
A participación creceu con respecto a anteriores eleccións, sobre todo entre o estudantadoO pasado martes Acción Universitaria, AGIR, Comités, IESGA e Liga Estudantil Galega pronunciáronse en rolda de prensa sobre as candidaturas que concorrían ás eleccións, amosando o seu "rexeitamento" ao "modelo de universidade proposto" por Daniel Pena, "un modelo afastado do espírito público, galego e feminista que queremos para a nosa universidade", sinalaron. As entidades non pediron o voto directamente para Julio Abalde, pero si recomendaron que os e as estudantes non apoiasen a Daniel Pena.
Manter as bolsas e aposta pola residencia universitaria
Julio Abalde, Catedrático de Microbioloxía e profesor na Facultade de Ciencias, aposta por "manter a porcentaxe de fondos de axudas destinados a estudantes" e por "contar coa participación do estudantado no momento da toma de decisións", ampliando "a participación e a representación do estudantado abrindo novas formas e novos mecanismos de participación". En relación do profesorado, propón "programas de promoción mediante a cualificación ás figuras das categorías de persoal docente do artigo 56 da LOU" e "empregar a captación de investigadores predoutorais e posdoutorais como figuras base para formar persoal que ocupe prazas docentes". Quérese igualmente "completar a oferta de titulacións plurilingües e con docencia en inglés", mellorando "os incentivos dos profesores con docencia en inglés e os procesos de acreditación lingüística do profesorado".Abalde quere completar a transformación e dotación do colexio Calvo Sotelo, para convertelo no que sería a primeira residencia pública universitaria da CoruñaOutro dos seus grandes obxectivos é completar a transformación e dotación do colexio Calvo Sotelo, para convertelo no que sería a primeira residencia pública universitaria da Coruña. En investigación, buscará "atraer financiamento privado para realizar, na UDC, un programa de captación de investigadores posdoutorais". Dedica tamén capítulos do seu programa á igualdade, apostando por "fomentar a participación e o liderado das mulleres nas actividades de investigación, dirección e coordinación", desenvolvendo "estratexias para o equilibrio entre mulleres e homes nas distintas titulacións" e dándolle visibilidade "á contribución das mulleres ao coñecemento". Así mesmo, en materia lingüística, quere reforzar os materiais docentes en lingua galega e a formación continua, desenvolvendo ademais "os medios para a utilización do galego como lingua de investigación científica". En Ferrol, aposta polo impulso do Campus Industrial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario