O Portal das Palabras abre a votación entre as 6 finalistas, escollidas entre os 174 termos que se presentaron.
O Portal das Palabras vén de abrir a votación para escoller a Palabra do Ano 2015 entre as 6 finalistas: refuxiado, indignación, feminicidio, plebiscitario, xihadismo e rechouchío. Nestas últimas dúas semanas de decembro, desde o luns 14 ás 24:00 h. do día 28, estará aberto o proceso de votación para escoller a que será Palabra do Ano 2015. O resultado coñecerase o mércores 30 de decembro.
As propostas que chegaron ao Portal encádranse nas liñas de maior actualidade durante estes doce meses. Crise dos refuxiados (acollida, prexuízo, refuxiado, solidariedade…). Outros que falaban da situación social e política e os sentimentos provocados na xente (desafiuzamento, inestabilidade, marea, loita, indignación…). Tamén chegaron palabras relativas á da violencia machista (muller, violencia, feminicidio) e do terrorismo fundamentalista (xihadismo, arreguizo, atentado…). Outro foco de interese foron os procesos soberanistas (independencia, secesionismo, plebiscitario...). Houbo outras persoas que valoraron máis os termos do mundo da tecnoloxía (chiar, rechouchío, selfie, etc.). Fóra das anteriores liñas, tamén houbo propostas de voces eufónicas ou de evocación máis subxectiva (como orballo, paixón, agarimo, ledicia ou morriña) que se deixaron á marxe por non se axustaren ao obxectivo do proxecto.
O Portal das Palabras forma parte dunha iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a popularización do léxico da nosa lingua.

Ningún comentario:
Publicar un comentario