Case a metade da poboación que precisa ir ao dentista non o fai porque é "caro", sinala o estudo do IGE.
O Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou esta segunda feira (30 de novembro) a Enquisa estrutural a fogares relativa a 2014. Nas súas respostas as familias galegas recoñecen na súa maior parte, estaren a atravesar unha má situación económica. Neste senso, un de cada catro valóraa por baixo de 5, sendo a media apenas do 5,52, nunha forquita na que 0 significa "nada satisfeit@' e 10 'plenamente satisfeit@'.
Esta situación agrávase a respeito da atención sanitaria en especialistas que non contan con cobertura pola sanidade pública como @ dentista. E é que as 438.017 persoas residentes na Galiza recoñeceron ter precisado acudir a un médico ou dentista no 2014 mais que non o fixeron. A principal razón, de acordo co resultado do estudo, foi que é "demasiado caro" (47,63%).
438.017 persoas residentes na Galiza recoñeceron ter precisado un dentista no 2014 mais que non o foronAsí as cousas, o 57,3% coida que o seu estado de saúde é "bon" ou "moi bon".
Elas séntense máis inseguras pola rúa
A Enquisa estrutural a fogares publicada polo IGE inclúe tamén unha valoración a respeito do grao de seguridade nas zonas en que moran as persoas residentes. Neste senso, embora nas cifras totais o 50,28% da poboación asegura sentirse "bastante segura" cando se disgregan as cifras por xéneros a realidade evidencia unha distorsión entre elas e eles.
Así é que a maioría das mulleres di sentirse "bastante seguras". No concreto, o 48,37% fronte ao 52,36" dos homes. Porén, no caso delas 3 de cada 10 din sentirse un pouco inseguras ou mesmo moito cando camiñan soas polas noites nos lugares onde residen. En troca, apenas o 17,36% dos homes teñen esta percepción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario