Aproveitando que hoxe celébrase o Día Mundial da
Ciberseguridade, S2
Grupo publicou un estudio no que alertan da falta de concienciación sobre
os riscos na Rede. O informe elaborouse tomando como base a 3.500 usuarios, e
conclúe que preto da metade dos españois padeceron algún ciberataque contra a
súa privacidade.
O 47% dos consultados recoñece ter sido vítima de roubo de contrasinais, hackeo de contas ou redes sociais, entre
outros; aínda que o 78% asegura ter prudencia á hora de facilitar os seus datos
a través da Internet, aínda que un 15% confesa ter sido obxecto dalgunha estafa
en liña ou cargo indebido por non ser responsable en materia de seguridade.
Dende S2 Grupo insisten no feito de que somos pouco conscientes á hora de
asegurar os nosos datos persoais, destacando que o 22% dos consultados recoñece
dar os seus datos persoais se os pide unha páxina web, sen ningún tipo de
seguridade e obviando o risco que iso supón. Lembran a importancia de empregar
mecanismos de cifrado e salientan que o correo electrónico no é seguro, polo
que temos que ser prudentes para non facilitar información que facilite a nosa
suplantación.
Pero non só diante do ordenador somos imprudentes, senón que tamén teriamos
claros problemas ante os smartphones, e o 60% dos enquisados recoñecen non
protexer o seu teléfono con ningún tipo de contrasinal, á vez que o 33%
recoñece compartir información sensible
a través de aplicacións ou servizos. Ou sexa, que estamos a depositar demasiada
confianza nun dispositivo que pode deixarnos nunha situación de grande
vulnerabilidade en caso de roubo ou incluso ante a instalación dalgún tipo de malware que poida facerse cos nosos
datos persoais.
S2 Grupo acompaña o seu informa dunha serie de recomendacións de sentido común
como non ter no noso escritorio laboral papeis con información sensible (ou
bloquear o noso equipo informático cando non esteamos presentes), non instalar
aplicacións non autorizadas nos nosos trebellos, non conectar unidades USB non confiables, non manexar información
corporativa en equipos públicos, non picar en ligazóns sospeitosas, eliminar
todo o correo electrónico sospeitoso que se reciba, evitar os correos en cadea,
realizar copias de seguridade da información sensible, non transportar
información sensible en dispositivos extraíbles ou non traballar con
información sensible en redes Wi-Fi non seguras, entre outras prácticas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario