A súa fortuna aumentou mil millóns de euros en só un ano. Unha media de 4,2 millóns de euros por cada un destes contribuíntes, unha das 'ratios' máis altas do Estado español.
Os 7.500 contribuíntes en Galiza coas rendas máis altas acumulan un patrimonio que supera xa a barreira dos 31.000 millóns de euros, case 5 veces os orzamentos da Xunta de Galiza para o exercicio 2016. Unha fortuna, eses 31.200 millóns de euros, que supón mil millóns de euros máis que no ano anterior. Mel sobre filloas para unhas rendas para as que semella que a crise non foi un problema. Son dados do Imposto de Patrimonio da Axencia Tributaria, un gravame que se recuperou en 2011 após ser suspenso 'de facto' en 2008 polo daquela goberno do PSOE.Hai en Galiza, pois, case 7.500 contribuíntes no grupo das rendas máis altas, a segunda ratio máis alta do EstadoHai en Galiza, pois, case 7.500 contribuíntes no grupo das rendas máis altas. Para declarar por este imposto ou ben tes bens por valor superior aos dous millóns de euros, ou ben os bens (deducidas débedas) e o importe da vivenda principal supere os setecentos mil euros. Con estes criterios, apenas o 0,25% dos galegos teñen que facer esta declaración, quer dicir, un por cada 400 contribuíntes.
O importe medio é de 4,2 millóns de euros por cada un destes contribuíntes en Galiza. Unha cifra ben gorentosa e que sitúa Galiza como segundo territorio do Estado con ese 'ratio' medio máis alto, só por detrás de Madrid, onde é de 8,2 millóns de euros por contribuínte. Os territorios con maior número de declarantes deste imposto son Catalunya (69.000) e Madrid (16.100).
Ningún comentario:
Publicar un comentario