O
servizo de tradución oral en tempo real de Skype continúa a evolucionar, e tras
estrearse con soporte de español e ingles, e ampliar a mandarín, francés,
alemán e italiano, chega
agora tamén ao portugués do Brasil, de xeito que podemos comunicarnos por
videoconferencia entre falantes das sete linguas, de xeito que a aplicación
recoñece a voz, traduce o texto, e o amosa traducido ao interlocutor, superando
a barreira idiomática dun xeito moi práctico, e que no caso de realizar
conversas de texto a tradución funcionaría con máis de 50 idiomas.
Skype Translator está dispoñible de
balde para a súa descarga para Windows, deixando este servizo de precisar
da participación do seu programa en probas a través dunha aplicación
independente, xa que actualmente a tradución funciona no cliente ordinario de
escritorio de Skype.
Dende Microsoft animan a que a xente que nestas datas sinaladas contacten con
amigos e familiares, e aproveiten para probar o servizo de tradución, que
compartan as súas experiencias en redes sociais co cancelo #SkypeTranslator.
Ningún comentario:
Publicar un comentario