A revista 'Science' publica a súa escolma, que inclúe a vacina do ébola, a chegada a Plutón e as 'tixeiras' para modificar o ADN.
Como cada ano, a prestixiosa revista Science publicou a lista dos dez descubrimentos máis importantes do ano. Entre os máis destacados atópanse a chegada a Plutón, a ferramenta para modificar o ADN, a primeira vacina contra o ébola e o descubrimento dunha nova especie de homínido.
- DÚAS MULLERES REVOLUCIONARON A EDICIÓN DO ADN
Supón un avance revolucionario, porque as súas aplicacións abarcan desde o tratamento e deseño de estratexias para enfermidades como a malaria ou o cancro, ata a mellora dos cultivos transxénicos ou a edición de embrións humanos. E, ademais, é unha técnica moito máis barata que as que existían anteriormente. Por todo iso, o traballo das súas autoras foi recoñecido co premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica no 2015. E non poucos din que apuntan a Nobel.
- O CORAZÓN XEADO DE PLUTÓN
Desde entón, as imaxes achegadas polos instrumentos de New Horizons desvelaron segredos inesperados de Plutón, como a súa superficie en forma de corazón ou o descubrimento dunha actividade xeolóxica de varios millóns de anos que podería continuar hoxe día.
- O SISTEMA LINFÁTICO ACTÚA NO CEREBRO
Os expertos suxiren que o mal funcionamento dos vasos linfáticos no cerebro podería ser unha das causas dalgúns trastornos neurológicos como a esclerose múltiple ou o alzhéimer. Por tanto, no futuro hai que investigar a fondo a relación entre o sistema linfático e o cerebro para descubrir a súa conexión con este tipo de doenzas.
- A PRIMEIRA VACINA CONTRA O ÉBOLA
VSV-ZEBOV, nome que recibiu o medicamento, combina distintos compoñentes para lograr un virus debilitado que non causa a enfermidade, pero fai que o organismo xere unha resposta inmune. Aínda que a vacina se atopa en fase preliminar e serán necesarias máis probas no futuro para a súa mellora, o avance xera grandes esperanzas na loita contra esta grave enfermidade.
- A ACCIÓN PANTASMA QUE EINSTEIN ODIABA
O descubrimento, ao que contribuíu o Instituto de Ciencias Fotónicas de Barcelona, permitiría desenvolver nas futuro tecnoloxías para mellorar a seguridade nas comunicacións e a informática de alto rendemento.
- A FIABILIDADE DOS ESTUDOS PSICOLÓXICOS, CUESTIONADA
Aínda que este resultado poida parecer inquietante, a maioría dos expertos acolleu os resultados de xeito optimista, ao considerar que isto lles pode axudar a comprender mellor a fiabilidade destes estudos.
- HOMO NALEDI, A NOVA ESPECIE DE HOMÍNIDO
Con todo, pola estrutura da seu corpo, pola cadeira e pola capacidade cranial, achegaríase máis a Australopithecus, un xénero que desapareceu fai uns dous millóns de anos.
- FERMENTO MODIFICADO PARA OBTER OPIÁCEOS
Con este avance, os científicos rematan coa limitación que supoñía obter estes compostos unicamente das plantas e abren as portas para desenvolver novos tratamentos para combater o cancro, enfermidades infecciosas e problemas crónicos como a artrite ou a alta presión sanguínea.
- SEGREDO DAS COLUMNAS DO MANTO TERRESTRE
Os científicos corroboraron a existencia de 28 destas columnas a través das ondas sísmicas xeradas polos terremotos, que se curvan e cambian a súa velocidade cando atopan un obstáculo no seu camiño. Isto desvelou que as columnas son máis anchas do que se esperaba, o que significa que expulsan cara a fóra máis calor procedente do núcleo terrestre, unha pista de que xogan un papel importante na regulación da temperatura do planeta.
- O HOME DE KENNEWICK, ANTEPASADO DOS AMERICANOS MODERNOS
O descubrimento desmente a crenza de que o Home de Kennewick fose o antepasado de pobos nativos do Pacífico como os ainu e os polinesios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario