Javier Montenegro García obtén unha bolsa Starting Grant para o seu proxecto Dynamic Cell Penetrating Peptides.
En total, o Consello Europeo de Investigación vén de conceder becas Starting Grant, valoradas en 429 millones de euros, a 291 investigadores europeos. O de Montenegro, DYNAP (Dynamic Cell Penetrating Peptides), foi seleccionado para recibir financiación ao longo dos vindeiros cinco anos, cun importe aproximado dun millón e medio de euros.
O obxectivo destas axudas é apoiar os futuros directores de investigación que estean a piques de establecer ou consolidar un equipo de investigación axeitado para afrontar investigacións independentes en Europa.
Un dos aspectos singulares do proxecto de Montenegro é que no seu desenvolvemento se aplicarán conceptos na fronteira do coñecemento, combinando a química, bioloxía e os novos materiais. Ademais, esta iniciativa tratará de atopar novas formas de atravesar a membranacelular de forma selectiva. A propia membrana será empregada como o molde biolóxico axeitado para esculpir as moléculas transportadoras, definindo así a súa forma ideal. Os potenciais resultados atoparán aplicacións en campos como a diagnose de enfermedades, o transporte de fármacos e a terapia xénica, informa o CiQUS.
Novo recoñecemento ao CiQUS e a USC
Este novo aval á excelencia investigadora do CIQUS súmase ao obtido previamente coas axudas concedidas aos científicos Francisco Rivadulla (Starting Grant, 2010) e José Luis Mascareñas (Advanced Grant, 2013), quen na actualidade ostenta ademais o cargo de director científico do centro. Ademais, nos últimos anos outros catro investigadores da Universidade de Santiago de Compostela conseguiron tamén outras catro StG nos campos da medicina e a física: Miguel López e Rubén Nogueiras, co CiMUS (Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas), xunto a Carlos Salgado e Diego Martínez (Facultade de Física).
Ningún comentario:
Publicar un comentario