CreaAppcuentos,
a aplicación galega que facilita ás nenas e nenos a creación de
historias e relatos de seu (a xeito de editor de contos) ten
novidades importantes no se que se refire á súa vindeira presenza
no mundo. De feito, a dita
empresa
tecnolóxica do mesmo nome vén de anunciar a súa arela de medrar cara a Estados
Unidos e Asia. “Ao longo do ano próximo”, sinalaron fontes da
empresa, “faremos foco en Estados Unidos, onde estamos a medrar
bastante, e apostaremos pola entrada en Asia”. Son declaracións de
Avelino Correa, fundador e director executivo (CEO) de CreAppcuentos.
Correa
engade que “EEUU
e Asia son dous lugares onde a facturación de Apple é moi notoria,
polo que nos interesa ter visibilidade neses mercados”.
A compañía prevé facturar este ano preto dos 60.000 euros e
agarda chegar aos 120.000 euros en 2016 grazas á estratexia de
expansión internacional.
A través
de alianzas con centros educativos, empresas privadas e ONG, a marca
conseguiu novos xeitos de facer negocio por toda España, con
presenza en comunidades como Madrid, Barcelona, Andalucía, Valencia
e Canarias. Na actualidade superaron os 150 centros de educación que
usan CreAppcuentos e prevén rematar o curso escolar coa súa
presenza en máis de 300 coa nova app Creatales. Asemade, atópanse
traballando no desenvolvemento dunha rede social chamada Cuentoteca,
na que os usuarios poderán subir e baixar os seus contos, e nun
paquete educativo para escolas grazas á colaboración dun grupo de
traballo creado por educadores, psicólogos e coach
educativos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario