O profesorado atópase agora con dificultades para poder avaliar os grupos de alumnado afectados pola LOMCE
A improvisación e o empeño da Consellaría
de Educación por sacar adiante a LOMCE segue acumulando problemas de
funcionamento e despropósitos nos centros, o último son as dificultades
coas que se atopa o profesorado para poder avaliar os grupos de alumnado
afectados pola súa aplicación.
A esta altura a Consellaría de Educación non foi quen de
adaptar o sistema informático para que o profesorado poida realizar con
normalidade as avaliacións chegando ao punto de que nos grupos afectados
pola LOMCE (1º e 3º da ESO e 1º de Bacharelato) o equipo docente ten
que elaborar as actas manualmente.
As propias direccións están informando o profesorado de que o XADE, sistema informático no que o profesorado rexistra dixitalmente a avaliación do alumnado, non permite xerar as actas das avaliacións e o profesorado só pode facelo pasando as notas a man.
Diante desta situación, que non fai máis que obstaculizar o traballo docente, o profesorado non pode máis que improvisar solucións, facendo avaliacións nas que “cantan as notas” ou ben sendo os titores/as os que elaboran as actas manualmente.
Ademais, a diferenza do que acontece nos cursos nos que aínda non se aplicou a LOMCE, o profesorado tampouco pode poñer as notas accedendo ao grupo no seu conxunto e ten que ir alumno/a por alumno/a, coa conseguinte perda de tempo que isto supón.
A CIG-Ensino vaise dirixir á Consellaría de Educación para que de xeito inmediato busque unha solución a este problema que só é froito da improvisación coa que, a calquera prezo, se pretende aplicar a LOMCE.

Ningún comentario:
Publicar un comentario