Dúas monitoras informaron a todas as aulas e atenderon un posto na entrada do centro.
Onte chegou a campaña da Cruz Vermella ao
IES Laxeiro na que se trata de concienciar aos mozos sobre a necesidade
de tomar medidas de protección contra a Síndrome de Inmunodeficiencia
Adquirida (SIDA). Esta iniciativa celebrouse días atrás no instituto
Antón Losada Diéguez, da Estrada, con motivo da conmemoración, o pasado
martes día 1, do Día Mundial da Loita contra a sida. No caso do centro
educativo lalinense, dúas monitoras encargáronse de percorrer todas as
aulas para informar os rapaces dos riscos que supón contraer esta
enfermidade, Ademais, encargáronse de atender un posto de información
situado na entrada do centro. Durante esta semana, o Concello de Lalín
tamén se sumou á causa e repartiu preservativos entre a mocidade.
Actualmente, esta enfermidade afecta a 150.000 residentes en España.
Ningún comentario:
Publicar un comentario