O Portal das Palabras abre a toda a cidadanía a recollida de propostas sobre o termo que mellor identifica o ano a piques de rematar. En 2014 a elexida foi 'corrupción'.
Xa está en marcha a iniciativa para elixir a 'Palabra do
Ano 2015'. O Portal das Palabras abriu o prazo de presentación de
propostas, que poden rexistrarse xa aquí. Os
termos máis populares e cunha maior carga semántica entrarán, nunha
segunda fase, nunha votación popular que servirá para proclamar a
Palabra do Ano 2015. En 2014 a escollida foi corrupción.
Elixir unha palabra do ano é un costume estendido noutros sistemas lingüísticos. “Definir un termo que identifique o ano que remata é repensalo e revivilo e converte, en certa medida, esa voz nun símbolo compartido. Conxuremos, logo, os medios de comunicación, as redes sociais, as publicacións de maior repercusión ou as conversas habituais para escollermos a palabra que mellor resuma o que foi a nosa vida en 2015”, anima o Portal das Palabras.
O Portal das Palabras forma parte dunha iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a popularización do léxico da nosa lingua.

Ningún comentario:
Publicar un comentario