mércores, 9 de decembro de 2015

Nenos e maiores leen e dialogan xuntos

O Centro de Maiores Afundación de Lugo presenta o seu club de lectura interxeracional, unha das actividades que ofrece en conmemoración do 50 aniversario da inauguración do edificio.

«Entre libros» é unha iniciativa promovida polo IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e polo Taller de Lectura do Centro de Maiores, para poñer en común e dialogar sobre as obras escollidas por ambos grupos, utilizando a literatura como ponte de unión entre ambas xeracións.
Centro de Maiores de Afundación en Lugo
O club reunirase o vindeiro mércores 9 de decembro ás 12.00 h. para debater sobre a obra Los papalagi que ambos leron previamente. O mesmo día, ás 18.00 h., proxectarase a película Descubriendo a Forrester, enmarcada dentro do ciclo de cinema que ofrece a entidade cos maiores como protagonistas, e que se clausurará o próximo 16 de decembro con El exótico Hotel Marigold.

Ningún comentario:

Publicar un comentario