Non se trata de forzalos a xogar cos xoguetes que non lles gustan, pero tampouco
impedirlles facelo con aqueles atribuídos pola sociedade ao outro sexo. Existen
estereotipos que impiden o desenvolvemento das súas capacidades e habilidades
que non se corresponden coa realidade.
Cunha boa elección axudaremos a desmontar mitos coma o de que as nenas son máis sensibles e os nenos máis áxiles e fortes.
A publicidade e a sociedade márcannos a imaxe e o emprego que deben ter os xoguetes infantís. Moitas veces estes estereotipos non reflicten a nosa realidade. Na nosa man está o cambio. Aínda que non poidamos controlar a utilización destes xoguetes polo resto da sociedade nin as mensaxes publicitarias si somos responsables da educación das nosas rapazas e rapaces.
Aquí vos presentamos uns materiais elaborados pola Deputación de Pontevedra que vos animamos a redistribuír

- Un recortable para imprimir e xogar
Ningún comentario:
Publicar un comentario