A entrada será de pago, como unha forma de axudar a soster a iniciativa, aínda que os prezos volven ser populares: 2 euros a entrada para persoas adultas e 1 euros para menores de 12 anosDende a organización do Culturgal destácase que esta edición seguíu avanzando no obxectivo, xa apuntado o pasado ano, da "corresponsabilidade", é dicir, de "construirmos xuntos a feira", entre público, iniciativa privada e tamén institucións, pero sobre todo o propio público e entidades participantes, para acadar "un modelo de xestión sostible e de futuro", que non dependa de subvencións e outras achegas externas. "A participación económica estable e compensada nun 60 % de achegas públicas e un 40% de achegas privadas, fan que o maior escaparate para a culturga galega teña un futuro compartido colectivamente", subliñan. Ao igual que sucedera no 2014, a entrada será de pago, como unha forma de axudar a soster a iniciativa, aínda que os prezos volven ser populares: 2 euros a entrada para persoas adultas e 1 euros para menores de 12 anos. Os menores de 3 anos non pagan e, ademais, o público do Culturgal conta con descontos en máis de 30 establecementos hosteleiros de Pontevedra en virtude dunha iniciativa posta en marcha pola concellería de Promoción da cidade.
Haberá moitas escritoras e escritores presentado novidades e charlando co público: Manuel Rivas, Ledicia Costas, Fran P. Lorenzo, Andrea Maceiras, Héctor Cajaraville, Antón Riveiro Coello, Diego Ameixeiras e moitos máis. O Culturgal 2015 terá un recordo especial para Xosé Neira Vilas, que ía presentar na Feira o seu último libro, publicado por Galaxia. A editorial mantén o acto do sábado 5 ás 12:45 converténdoo nunha homenaxe ao escritor de Gres.
O Culturgal 2015 terá un recordo especial para Xosé Neira Vilas, que ía presentar na Feira o seu último libroOs máis pequenos e pequenas son os grandes protagonistas do Culturgal que programa na mañá do domingo 6 o espectáculo especial (de pago) Canta o cuco. Uxía e Magín Blanco na Casa de Manuel María, coincidindo co lanzamento do libro disco do mesmo título de Galaxia.
O sábado á noite haberá humor e contos, da man de Candido Pazó, Celso Fernández Sanmartín, Lucía Aldao e María Lado, catro dos mellores contadores de historias reunidos no escenario do Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. Será ás 21:30, co espectáculo Dá de contar a quen pasa. Unha noite de historias, risas e tenrura.
Culturgal dedica unha liña de programación ao audiovisual galego nun programa coordinado por Agapi. Haberá presentación de documentais coma o dedicado ao músico Manuel Quiroga ou ao escultor Francisco Leiro, proxección de filmes de ficción como Las altas presiones de Ángel Santos e maratón de webseries o sábado pola tarde. Tamén sorpresas, como coñecer a faceta fílmica do escritor Xabier P. Docampo, que leva á pantalla do Culturgal un proxecto iniciado en 1982 e retomado en 2015. De cine tamén vai o Premio do Público Culturgal 2015, que será entregado na tarde do domingo 6 ao Festival Curtocircuíto tras ser o vencedor na votación popular online promovida polo Culturgal no mes de outubro.
Haberá igualmente -como xa sucedera o pasado ano- unha gran exposición coincidindo coa feira. Se na pasada edición o tema foi o libro de artista, en 2015 as simbioses entre arte e arquitectura centran a proposta dos comisarios Paula Cabaleiro e Antón Sobral co apoio da Deputación de Pontevedra a través do Museo de Pontevedra. Vinte e dous artistas e arquitectos participan na mostra Somos Espazo que se inaugura o 4 de decembro, ao tempo que o Culturgal, e estará aberta no Pazo da Cultura de Pontevedra até o 10 de xaneiro.
Destaca tamén a importante presenza da actividade das cooperativas culturais galega, a través do Consello Galego de Cooperativas. Aí están, por exemplo, 7H Cooperativa Cultural, Cestola na Cachola, O Cable Inglés, Pegadas, Coop ReXenerando, Soc. Coop. Galega Urdime, Xeitura/Xestión Integral do Patrimonio Cultural, 10d10 [ dezdedez ], Redesal ou Galicia Economía Creativa.
Haberá igualmente un espazo reservado á ciencia, sobre todo nas actividades dirixidas aos e ás máis pequenas da casa. Na mañá do sábado o Espazo Infantil dedicará unha sesión aos descubrimentos, á razón e á investigación. De que estamos feitos? Son os virus amigos ou inimigos? Cantas cousas non vemos e son importantes? Poden as algas ser tóxicas? Hai números grandes e números pequenos? Son algunhas das preguntas e dúbidas que se resolverán a través de charlas e interaccións co público. Ademais, celebraranse dous obradoiros sobre "micro-adiviñas binoculares" e "biotecnoloxía na cociña".
Ningún comentario:
Publicar un comentario