Segundo fan saber os
responsábeis do seu desenvolvemento, quen descargue a ferramenta no
seu móbil poderá consultar a actividade cultural (eventos
xeolocalizados) que se vén programando nas catro provincias galegas
realizando buscas por data, lugar, tipoloxía e proximidade
xeográfica. Tamén se achega a posibilidade de gardar procuras,
filtras eventos por tipo de acceso e público ou marcar actividades
como favoritas.
Segundo engaden AMTEGA e a Consellería, esta aplicación é a ferramenta móbil número 19 das apps lanzadas pola Administración autonómica ao longo dos últimos catro anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario