luns, 14 de decembro de 2015

A Escola Infantil de Arzúa do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar pecha polas tardes debido á falta de persoal

Situación que se pode dar en moitas outras escolas, tal e como xa denunciou a CIG Ensino en numerosas ocasións
 
Desde a CIG Ensino levamos tempo esixindo a apertura das listaxes de agarda do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar debido á falta de persoal nas citadas listaxes para cubrir as enfermidades, vacacións, visitas médicas… do persoal das escolas, a última vez hai escasamente unha semana, momento no que xa anunciabamos que acabaría pasando o que está a suceder dado o abandono que sofre o Consorcio por parte do Goberno do Partido Popular da Xunta de Galiza.
A situación vese agravada ano tras ano coas sucesivas amortizacións de persoal nas escolas, o que fai que sexa imposíbel manter un mínimo de calidade nos servizos, cando non, como é o caso da Galescola de Arzúa, ter que tomar a decisión de pechar parte do servizo. O máis sorprendente é que son as traballadoras as que teñen que reorganizar as súas quendas de traballo para cubrir o horario de mañá e só pechar pola tarde.
Esta situación non é nova no Consorcio, xa a Galescola de Vila de Cruces tivo que limitar o número de crianzas que podía atender dado que tampouco lle cubrían as vacantes de persoal.
Desde a CIG Ensino volvemos esixir a apertura inmediata das listas de agarda do persoal do Consorcio e a cobertura de todas as vacantes.

2/12/2015 O BO FUNCIONAMENTO DO SERVIZO NON PODE RECAER NA PERDA DE DEREITOS POR PARTE DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO CONSORCIO A CIG Ensino esixe a cobertura inmediata de todo o persoal das escolas infantís “Galiñas Azuis” do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e BenestarDesde a CIG Ensino esiximos a cobertura de todas as baixas, días de asuntos propios, vacacións non gozadas… en todas as Galescolas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario