Un Centro de Maiores galego explota a popularidade da consola de Nintendo para promover o contacto entre diferentes xeracións.
O Centro de Maiores Afundación de Lugo, dentro das actividades que
ofrece en conmemoración do 50 aniversario da inauguración do edificio,
presenta nesta ocasión un campionato interxeracional de deportes de Wii,
no que estudantes de 5º e 6º de primaria do Colexio Quiroga Ballesteros,
que previamente visitarán o centro para coñecer a experiencia das
socias e socios a través dunha charla, competirán contra eles en torneos
de deportes da Wii.
A visita e o posterior campionato terán lugar o vindeiro mércores, 16
de decembro ás 11.30 h. O mesmo día, a entidade tamén programou a última proxección do ciclo de cinema, «El exótico Hotel Marigold», que terá lugar ás 18.00 h.
As actividades pecharanse o 17 de decembro ás 17.30 h cun concerto de música tradicional a
cargo do grupo de coro e pandeireta do Centro de Maiores e do grupo de
Música Tradicional Raíces do Campo, ao que seguirá o 18 de decembro un
xantar de celebración do 50 aniversario. Todos os actos programados,
fóra das actividades interxeracionais e da comida conmemorativa, son de
acceso libre e gratuíto ata encher a capacidade. Nalgúns casos
precisarase inscrición previa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario