Larvas de insecto terían aparecido en concretas dun centro de Riveira. A concesionaria é a empresa Serunión, que tamén foi investigada en León por casos semellantes.
A Consellería de Educación ten aberta unha nova investigación para esclarecer a aparición de vermes nunha croquetas servidas nun menú escolar do colexio de Frións, en Ribeira, a pasada semana.
Foron as monitoras do centro as que se deron conta que o alimento contiña un elemento raro que, tras ser analizado, resultou ser vermes de insectos. Tras o sucedido, desde o centro educativo deron aviso á Consellería de Educación. Aínda que é o ente autonómico quen xestiona o comedor, é unha empresa a que ten adxudicado por lotes o servizo.
A empresa que serve os menús escolares é Serunión, que tamén serve comidas á metade dos colexios públicos da provincia de León. Alí tamén tivo problemas deste estilo noutros colexios, onde se detectou un puré con sabor acedo e mesmo chegando a aparecer unha porca mecánica entre a comida.
O caso do colexio de Frións non é illado. En Vilagarcía, os pais denunciaron o pasado mes de novembro o mal funcionamento dos comedores dos colexios de Carril, Vilaxoán e Rubiáns, onde se serviu un caldo en mal estado. Tamén houbo protestas nun colexio de Cuntis con comida que tiña “mal cheiro”.
Nun comunicou, Serunión salientou que as mostras extraídas das devanditas croquetas “son de procedencia directa” dun dos seus “recoñecidos provedores de produtos elaborados” e que “están a ser analizadas tanto pola compañía provedora como por Serunión para realizar a investigación que permita determinar a orixe da incidencia".
Precisamente, nos últimos meses a empresa Serunión (que en León e o resto de Castela e León traballa en UTE con Grupo Lince Asprona, servindo aos nenos de 41 colexios na provincia) iniciou, segundo informa ileon.comunha campaña para deixar atrás a polémica desatada en outubro de 2014.
Ningún comentario:
Publicar un comentario