A campaña subliña que a escolla dunha ou doutra lingua, ou a posibilidade de que as dúas coexistan, supón tamén unha aprendizaxe de "actitudes"A campaña subliña que a escolla dunha ou doutra lingua, ou a posibilidade de que as dúas coexistan, supón tamén unha aprendizaxe de "actitudes": "Poden deducir que só certas linguas poderosas valen para o exercicio profesional se a maior parte da docencia que reciben se imparte só nelas. Ou poden aprender que todas as linguas son válidas; que os clientes, doentes, administrados/as, alumnas/os da súa futura vida profesional poden ser atendidos nas súas linguas".
Lembra, ademais, que a escolla lingüística do profesor ou profesora determina en gran medida os usos lingüísticos dos seu alumnado, recollendo un estudo recente realizado nos campus de Lugo e Compostela, nos que un mesmo grupo empregaba o galego un 70% máis nos exames se o seu profesor ou profesora tamén o empregaba á hora de impartir esa materia.
A campaña ofrece tamén axuda e colaboracións aos docentes e departamentos que queiran dar o paso de incluír unha maior proporción de galego nos seus contidos e clases. O Servizo de Normalización Lingüística da USC ofrece apoio técnico para aumentar e mellorar o uso do galego na docencia, tanto a nivel individual como docentes como para departamentos ou áreas, e pode propor "estratexias de incorporación do galego adaptadas ás particularidades de cada departamento ou cada docente: plans a varios anos vista, sistemas de incorporación gradual; formación a medida; asesoramento lingüístico e terminolóxico; migración lingüística de materiais docentes, etc.".
Máis en xornalismo e educación, menos nas ciencias
Dos 77 departamentos existentes na Universidade, 7 non empregan o galego en absoluto, outros 17 fano en menos do 10% das horas e outros 20 departamentos emprégano entre un 10% e un 25% do tempoO 21,52% das horas docentes da USC no curso 2014-15 se imparten en galego, fronte a un 74,25% de castelán, un 1,91% de inglés, un 0,48% de portugués e un 1,84% doutras linguas. Porén, analizando departamento por departamento e titulación por titulación a situación é moi distinta. Dos 77 departamentos existentes na Universidade, 7 non empregan o galego en absoluto, outros 17 fano en menos do 10% das horas e outros 20 departamentos emprégano entre un 10% e un 25% do tempo. É tamén o caso dos graos de Medicina (3,29%), Enfermaría (3,02%), Odontoloxía (5,16%) ou Farmacia (6,01%), de importantes carreiras de ciencias como Bioloxía (8,90%), Química (14,11%), Enxeñaría Informática (15,36%), Física (21,86%) ou Matemáticas (24,41%) ou de graos como Dereito (17,96%) e Historia da Arte (19,53%).
Os graos nos que máis se emprega o galego son Xornalismo (84,89%), Pedagoxía (73,63%), Educación Social (73,35%) ou Filosofía (60,70%)Pola contra, hai 19 departamentos nos que o uso do galego se sitúa entre o 25% e o 50% e outros, máis excepcionais, nos que o galego é a primeira lingua. Os graos nos que máis se emprega o galego (ademais, obviamente, de Filoloxía Galega) son Xornalismo (84,89%), Pedagoxía (73,63%), Educación Social (73,35%) ou Filosofía (60,70%). Outras carreiras cunha importante presenza do galego son Historia (42,89%) ou Económicas (39,62%). Na docencia dos mestrados, cada vez con máis importancia na universidade, o galego sae moito mellor parado, con algo menos do 40% das horas impartidas.
Especialmente precupante é a realidade dos usos lingüísticos na redacción das teses de doutoramento e, en xeral, na investigación. O galego é a cuarta lingua na USC, por detrás do castelán, do inglés e mesmo do portuguésEsta realidade reprodúcese na lingua empregada maioritariamente polo alumnado nas teses de doutoramento (63% de castelán, 7% de galego), traballos de fin de grao (70% de castelán, 26% de galego) e traballos de fin de máster (69% de castelán, 25% de galego), cunha evolución descendente, por exemplo, nos traballos finais dos graos, nos que en 2011 aínda o galego superaba o 30%. Especialmente precupante é a realidade dos usos lingüísticos na redacción das teses de doutoramento e, en xeral, na investigación. O galego é a cuarta lingua na USC, por detrás do inglés (22%) e mesmo do portugués (8%, en boa medida polo importante número de alumnado procedente do sur do Miño) e a súa importancia está en descenso dende 2009. Recentemente, as tres universidades lanzaron unha serie de propostas para a mellora da presenza do galego na actividade científica, que foron en principio ben recibidas polo Ministerio.
Os datos de uso do galego na docencia na Universidade da Coruña son mesmo inferiores aos da USC: situábase no curso 2013-14 no 9% do total de horas lectivas. Segundo o seu Servizo de Normalización Lingüística, o 41% das materias impártense en castelán, o 8% en galego, o 24% en galego e español, o 7% en galego, español e inglés, o 3% en español e inglés e o 1% en inglés. En Vigo a situación mellora algo máis, cun uso do galego no 26,7% das aulas, segundo un estudo realizado en 2003, pero en calquera caso movéndose en niveis moi baixos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario