O PP rexeita a proposta do BNG de facer lei o PXNL por "rachar todos os consensos" e ser "inútil"Coa súa proposta, Ana Pontón dixo pretender "o remate da política necia e antigalega que instaurou o PP coa vitoria de Núñez Feijoo” e explicou que a proposta de converter "en lei" o PXNL non só parte do BNG, senón tamén de todas as persoas que traballaron na norma e das persoas que apoiaron daquela unanimemente o Plan "para dar resposta á demanda de diversos colectivos como: Queremos Galego, A Mesa, Prolingua, Coordinadora de Traballadores pola Normalización Lingüística, Consello da Cultura e RAG".
Mentres Pontón destacou que o galego atravesa "o peor momento da súa historia", ao ser a única lingua do Estado que perde falantes, e tras facer alusión ás múltiples estatísticas que o corroboran, o PP, a través do deputado Agustín Baamonde, recoñeceu que o galego "ten problemas, pero os mesmos que teñen as linguas minoritarias ao vivir nun contexto de globalización". Ademais, defendeu o equiilibrio de linguas fronte á inmersión en Cataluña.
Os populares cren que o galego "ten os mesmos problemas que as linguas minoritarias nun contexto de globalización"Pola contra, Pontón considera preciso actuar e propuxo o PXNL como "base para avanzar" e defender “a democracia e dignidade do Parlamento” porque incumprir os acordos da Cámara galega é “burlarse da democracia e converter o Parlamento nun apéndice inútil”. A parlamentaria lembrou que hai dez anos da aprobación do Plan Xeral, e máis de seis que Feijóo, “decidiu enterralo” demostrando que é “especialista en dinamitar acordos”.
O Bloque acusou o PP de "rachar mesmo os acordos de mínimos" na defensa da lingua para aliñarse "coa ultradereita española" e advertiu de casos de "persecución e negación do dereito ao uso do galego", como o dunha rapaza que foi rexeitada dun traballo "por entrar hablando gallego".
"Feijóo fixo unha auténtica contrarreforma de demolición contra o galego, retrocedeu de xeito alarmante a escasa protección e amparo do galego e desmantelar as equipas e medios a favor da normalización", insistiu, tras lembrar que o orzamento para o apoio á lingua na Xunta xa non chega aos 6 millóns de euros, mentres, por exemplo, "só o Instituto Cervantes conta con 114 millóns máis". Ademais, lembrou o "fracaso e estafa do decrto do plurilingüismo" e avogou tamén por medidas para impulsar o idioma nos medios, nas industrias culturais, na economía, na sanidade ou na xustiza. "Para que se poida vivir de maneira cotiá na nosa lingua".
Baamonde acusa o Bloque de querer "a inmersión obrigatoria da sociedade ao galego"Pero o PP deulle a volta e acusou ao BNG dunha "teima" para "impoñer a normativa da lingua, rompendo todos os consensos en materia lingüística e rexeitando a Lei de Normalización Lingüística como marco de referencia para aplicación da política lingüística”. “Desde o Partido Popular estamos convencidos de que o problema da lingua non se resolve a través da confrontación nin da imposición, senón a través da liberdade e non discriminación polo uso do galego”, apuntou Baamonde.
O voceiro do PP en manteria de lingua foi máis alá e asegurou que o plan presentado polo BNG "non é outra cousa mais que a Lei de normalización lingüística do nacionalismo, cunha inmersión obrigatoria da sociedade ao galego”. Neste sentido, explicou que “o fan porque se ven acosados por outras forzas na súa contorna e están cedendo no seu predicamento social, polo que necesitan recuperar as únicas bandeiras que lles quedan: a lingua e a soberanía”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario