O STEG ANIMA Á COMUNIDADE EDUCATIVA A SEGUIR OPOÑÉNDOSE ÁS “REVÁLIDAS” QUE IMPLANTA A LOMCE
A Consellería pretende agora minimizar os efectos perniciosos desa Lei e edulcorar a filosofía de fondo que implican as "reválidas"
O Conselleiro de Educación saíu á palestra pública
para enviar unha mensaxe “de tranquilidade” ás familias dos
aproximadamente 22.000 alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria, de
8 anos de idade, que os vindeiros días 27 e 28 de maio van ser
sometidos á primeira das “reválidas” implantadas pola LOMCE.
Confúndese o conselleiro, dicimos desde o STEG, sobre a sintomatoloxía que espertan as “reválidas” no corpo da comunidade educativa galega: non é cuestión de “nervios”, senón de fundada “indignación”.
Indignación porque, para edulcorar o transfondo claramente segregador e elitista dese sistema de probas que a LOMCE trae consigo, afírmase desde a Consellería agora que teñen carácter meramente “diagnóstico” e “orientador”. E iso é verdade para o presente curso na proba de 3º de primaria, pero non o será a partir do curso 2015/16, no que esas probas pasarán a ter efectos decisivos para a obtención do aprobado de curso e da correspondente titulación tanto no final da Secundaria Obrigatoria como no Bacharelato (artigos 31, 36 bis e 37 da LOMCE).
Indignación porque despois de escoitar ao ministro Wert dicir por activa e por pasiva que as reválidas ían ser a ferramenta perfecta para incrementar a calidade educativa, elevar o nivel de esixencia e de excelencia docente nos centros e fomentar a súa “competitividade”, como se a escola fose unha fábrica e a educación se puidese concibir como un produto empacotado, a Consellería vén agora dicir no seu web, sen recato ningún, que “en ningún caso se establecerán ránkings de centro”. Convén recordar que a LOMCE sinala expresamente (art. 144) que esas probas deseñaranse “de modo que permitan establecer valoraciones precisas y comparaciones equitativas”. Comparacións, si, polo tanto, ránkings e clasificacións de centros con mellores e peores resultados, que determinarán no inmediato futuro medios e recursos que se destinen a eles, maior ou menor demanda de matrícula, prestixios e desprestixios, etc.
Indignación porque despois de escoitar ao PP afirmar por activa e por pasiva que era conveniente e imprescindíbel unha avaliación “externa” do sistema educativo (artigo 144 da LOMCE), poñendo en entredito quéirase ou non a avaliación continua e directa que realiza o profesorado no día a día nos centros, resulta que o desenvolvemento e corrección da “reválida” vai recaer en definitiva sobre o propio profesorado deses centros. Na súa resolución de 24 de abril de 2015 que dita instrucións sobre o desenvolvemento das probas, a Consellería sinala efectivamente, no apartado sétimo, que “con carácter xeral, as probas deberán ser corrixidas e gravadas por mestres e mestras do centro que impartan en educación primaria as áreas de lingua castelá e literatura, lingua galega e literatura, ou matemáticas, pero que non impartan docencia aos alumnos e alumnas avaliados”.
Indignación porque haxa unhas autoridades pretensamente educativas que pensen ou queiran facer crer que a realización en dous días dunha proba tipo exame a un alumnado de tan só oito anos de idade, proba centrada ademais en só dous aspectos (competencia matemática e comunicativa), resulta unha maneira máis “obxectiva” e “axeitada” que outras moitas das que despregan acotío o profesorado nos centros para medir o grao de adquisición de competencias, as necesidades de apoio e a evolución xeral dun alumno/a.
Indignación porque, unha vez rematada a proba e obtidos os correspondentes resultados, déixase na maior das ambigüidades por parte da Consellería as medidas e medios concretos que estaría disposta a implementar para o reforzo do alumnado que puidese amosar maiores dificultades a teor dos resultados. Avaliar e facer diagnóstico está ben, pero a administración non pode derivar na exclusiva responsabilidade dos centros nin deixar sen estabelecer as medidas de mellora. Comprométese a Consellería, por exemplo, a reducir ratios de alumnos por aula, dotar de máis profesorado de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, incrementar agrupamentos específicos e desdobres en determinadas materias a aqueles centros que amosen resultados menos favorábeis na “reválida”? Ou acontecerá como cos plans PROA neste curso 2014/15 e a Consellería denegará, para “facer máis con menos”, todas as peticións de reforzo que cheguen dos centros na medida en que supoñan o máis mínimo incremento do gasto a facer en medios materiais e en recursos humanos?
Desde o STEG animamos a toda a comunidade educativa galega a seguir manifestando oposición á LOMCE e ao seu sistema de “reválidas” e reiteramos o noso chamamento a combater a proba con dúas medidas moi concretas: claustros e consellos escolares aprobando e facendo públicas resolucións de rexeitamento desta “reválida” de 3º de Primaria e pais/nais do alumnado non enviando os fillos/as eses días 27 e 28 de maio aos centros ou asinando escritos como titores legais desautorizando que sexan sometidos a esa proba.

Ningún comentario:
Publicar un comentario