A Plataforma galega en defensa do ensino público manifestou onte mércores día 13 o seu rexeitamento á LOMCE con arte. En oito localidades, coñecidos nomes do mundo da maxia, teatro ou música participaron na campaña de oposición á Lei Wert.
En A Coruña, Carballo, Compostela, Lugo, Ferrol, Ourense Pontevedra e Vigo artistas do mundo da musica, o teatro ou a maxia sumaron a súa creatividade á campaña de rexitamento da Lei Wert desenvolvida pola Plataforma galega en defensa do ensino público.Os actos, que tiñan entre outros obxectivos, mostrar que o rexeitamento da LOMCe non vén só da comunidade educativa, profesorado, alumnado e familias senón tamén da sociedade en xeral contou coa prticipación de escritor@s como Berta Dávila, Isidro Novo, Antón Cortizas, María Canosa ou Suso de Toro, músic@s e grupos musicais como Ferreñudos do Morrazo Ghaiteiros Subwertsivos, Tino Barz, Laura Quintillán Xavier Díaz Sonia Lebedynski, Alonso Caxade, Mala Vida, Agrupación Solfa, Magín Blanco, Carlos do Viso ou Najla Shami; magos como Fiz, Pedro Brandariz ou Martín Camiña; e humoristas como O Carrabouxo, César Cambeiro ou Quico Cadaval, entre outras.
Da Plataforma galega fan parte AS-PG, CIG-Ensino, Comités, Liga, Federación de ANPA de Compostela, de Lugo, de Ferrolterra e da Costa da Morte, Movemento Dezao, Sindicato de Estudantes, BNG e Galiza Nova.
Ningún comentario:
Publicar un comentario