O secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez
Rubalcaba, asegurou este venres que o "pesadelo" en Educación e I+D+i
ten "data de caducidade", posto que non conta co respaldo de ningún dos
partidos da oposición.
Nunha entrevista a Cadena Ser recollida por Europa Press,
Rubalcaba criticou a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa
(LOMCE), engadindo que a oposición que se fixo en Educación "se vai
facer tamén en I+D+i".O líder socialista apuntou que o Goberno "conseguiu por primeira vez un consenso educativo" en contra dunha lei. O primeiro que hai que formularse é que algo non fixeron ben cando non teñen o acordo de ninguén. Que recoñezan que o fixeron mal", aseverou.
Neste sentido, explicou que o Executivo "utiliza a crise como coartada" para levar a cabo esta reforma e descartou que estea relacionada coa calidade educativa. "É unha lei preñada de ideoloxía e isto é o que rexeitamos", sinalou.
Ademais, defendeu o pacto entre todos os partidos para deter esta lei cando o PP abandone o Goberno, sinalando que non se trata dunha actitude "antidemocrática".
"É un acordo entre partidos democráticos e imos parar unha lei que non conta co consenso de ninguén", destacou, tras recordar que "todas as grandes leis educativas" contaron co apoio de todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario