Un documental examina a situación do sistema, o impacto dos recortes e a 'lei Wert'.
Cal é a situación real do sistema educativo español? Estano a lastrar
os recortes? Que impacto terá nel a reforma do ministro José Ignacio
Wert? Todas estas preguntas inténtaas responder o documental ' De tod@s para tod@s?
' realizado pola cooperativa audiovisual Booooo e financiado mediante
'crowdfunding' (micromecenado a través da Rede). Especialistas como o
sociólogo José Saturnino Martínez, o catedrático emérito de Política
Educativa Manuel de Puelles, o reitor da UNED e ex secretario xeral de
Educación, Alejandro Tiana, o exvoceiro de Educación do PP no Congreso
Juan Antonio Gómez Trinidad ou o responsable da patronal do ensino
privada CECE, Antonio Rodríguez Campra, analizan os problemas da escola,
dende as altas taxas de fracaso escolar ás diferenzas territoriais.
Os recortes que se están a levar por diante boa parte dos programas e as medidas de apoio aos alumnos con dificultades e o gran rexeitamento que xerou o proxecto de reforma escolar que xa está a finalizar o seu trámite lexislativo no Senado están reflectidos na fita, pero tamén o apoio dalgún sector como o representado pola CECE. No que todos coinciden é na necesidade dun pacto de Estado en torno á educación.
O documental, que se pode ver na páxina http://detodasparatodas.com/ e empezará agora un periplo por distintos festivais, é o primeiro dunha serie que a cooperativa Booooo vai facer sobre o estado dos servizos sociais básicos en España; o seguinte será sobre a sanidade. "O que máis nos interesa é que se mova, facer cousas que teñan impacto", explica o realizador do documental, Carlos Cabrera. Jaime Batolomé encargouse do guion e José Luis Alcaine, da dirección de produción.
"E non ofrecemos unha solución máxica nin unha fórmula universal que todo o arranxe. Semellante tarefa non está ao alcance dun documental de 65 minutos. [...] No se trata aquí de rebater as últimas declaracións dun ou outro voceiro, senón de reflexionar sobre a realidade e as causas da situación educativa no noso país co maior rigor e seriedade posibles", di a páxina do proxecto a xeito de declaración de intencións.

Ningún comentario:
Publicar un comentario