O dominio ".gal" xa é unha realidade. A corporación que goberna as
direccións de internet, ICANN deu o visto e prace á proposta de
Asociación Puntogal, que levaba traballando sete anos por este fito da
identidade galega na rede.
O próximo paso para que estes 'puntos gal' pasen a figurar na folla
de ruta dos internautas, será o trámite dunha serie de probas técnicas
que ICANN solicita antes de que se proceda ao rexistro de direccións
web, polo que se estima que dito dominio sexa navegable a partir de
principios de 2014.
O documento que certifica a creación do .gal atópase
publicado na web de ICANN e especifica que este nace para servir á
comunidade lingüística e cultural galega. O contrato establece que este
grupo está formado por aqueles que "usen o galego nas súas
comunicacións en liña ou promovan os diferentes aspectos da cultura
galega na rede ou dirixan especificamente as súas comunicacións e
servizos a esta comunidade".
Ningún comentario:
Publicar un comentario