Segundo as fontes do Supremo, o tribunal asume sempre de modo automático a tramitación dos recursos contencioso administrativos contra un decreto, é dicir, sempre os admite a trámite.
Para CCOO, a norma aprobada polo Consello de Ministros a proposta do Ministerio de Educación vulnera "o principio de igualdade de oportunidades" porque limita o acceso á educación superior a aqueles estudantes con menos recursos económicos.
CCOO considera que o decreto en cuestión, do 2 de agosto pasado, quebranta o principio de igualdade e non discriminación recollido no artigo 14 da Constitución e o dereito á educación do artigo 27, entre outros.
Á parte dos requisitos de ingresos máximos familiares, o decreto esixe unha nota mínima de 5,5 na selectividade -excluída a fase específica- para a exención de taxas de matrícula e de 6,5 para as bolsas de traslado de residencia e de nivel de renda no caso dos alumnos universitarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario