A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público advirte que aínda aprobándose está condenada ao fracaso.
Coa aprobación da LOMCE no Senado o PP
persiste na súa intención de querer aprobar unha lei rexeitada non só
polo ámbito educativo, senón tamén polo conxunto da sociedade como así o
confirman as múltiples, multitudinarias e diversas mobilizacións e
folgas que levamos a cabo desde a Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público. Malia esta teima, o PP sabe que esta é unha lei que aínda
aprobándose está condenada ao fracaso.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público lembra que a
LOMCE afonda nas diferenzas sociaise e impide o acceso en igualdade de
condicións a unha educación pública de calidade. A LOMCE vai dirixida,
ademais, a uniformar os contidos, eliminando a diversidade histórica,
cultural e lingüística. Ademais reforza a confesionalidade, impide o
ensino laico e blinda os concertos. Para a Plataforma Galega en Defensa
do Ensino Público é unha lei profundamente antidemocrátia e
antipedagóxica, que xerarquiza o ensino, que só pode explicarse desde
as posicións ideolóxicas máis extremas e reaccionarias do PP.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público continuará batallando até conseguir a súa retirada e exixe da Consellaría de Educación que non a aplique por ser unha lei ademais de elitista, privatizadora e confesional, totalmente españolizadora que retrae as xa cativas competencias que temos no ámbito educativo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario